Preguntas
frecuentes
Entre 5 e 7 días laborables para unha páxina web de captación, e unhas 3 semanas para unha web corporativa completa. O prazo comeza en canto recibimos os teus contidos (textos e fotos).
Revisamos o deseño ata que esteas satisfeito, sen custo extra, antes de publicar. Tras o lanzamento, o Plan Crecemento inclúe 1 cambio ao mes e o Plan Negocio inclúe 3 cambios ao mes para axustes rápidos.
Podes cancelar en calquera momento, sen permanencia nin penalización. O dominio é teu: transferímoschelo en 10 días laborables. Tes 30 días para recuperar os teus contidos.
Non. Xestionamos todo nós: dominio, aloxamento, actualizacións de seguridade e velocidade. Ti só tes que atender o teu negocio.
Si, incluímos SEO local en todos os plans. Configuramos a estrutura da web, Google Business Profile e palabras clave da túa zona para que aparezcas nas buscas de clientes preto de ti.
O Plan Inicio (29,90€/mes) é unha soa páxina optimizada para captar clientes sen cambios mensais incluídos. O Plan Crecemento (49,90€/mes) inclúe ata 5 páxinas, correo co teu dominio, asesoría e 1 cambio ao mes. O Plan Negocio (99,90€/mes) engade comercio electrónico, pasarela de pago e 3 cambios ao mes.
Si, traballamos con calquera negocio de España de forma 100% remota. Aínda que estamos en O Morrazo, xestionamos todo por videochamada, email e WhatsApp.
Un cambio é calquera modificación que non supere 30 minutos: textos, fotos, horarios ou teléfonos. Os cambios non se acumulan entre meses. O traballo adicional presupóstase á parte a 35€/h.
Si. Todas as nosas webs cumpren o estándar WCAG 2.1 nivel A, obrigatorio en Europa desde xuño de 2025. Sen WordPress nin plugins: estrutura limpa, contraste adecuado e navegación por teclado incluídos de serie.
Si. Por cada cliente que nos recomende e contrate, descontámosche 1 mes completo na túa factura. Sen límite de referidos nin caducidade.