Saltar ao contido
ESGL
WhatsApp
Estudo web · Moaña, Galicia

Webs bonitas. E que traballan.

A túa web a medida desde 39 €/mes + IVE, con hosting, dominio, SEO local e mantemento dentro.

5,0 en Google · 9 recensións

Deseño web e sistemas de xestión para negocios de toda Galicia. Case ningunha web se perde polo deseño: pérdese polo que pasa despois do clic.

24
proxectos entregados
5,0
9 recensións en Google
2–4
semanas de entrega
39 €
ao mes + IVE, todo dentro
● En produción

A túa web. E todo o que pasa despois do clic.

Webs reais dos nosos clientes e, cando o negocio o necesita, o sistema de detrás: reservas, paneis e cobros. Non son maquetas: podes tocalos.

01

Webs que traballan

Deseño a medida, rápidas, perfectas no móbil e preparadas para aparecer en Google. A de Pitanga chegou á primeira páxina nun mes.

Deseño web
pitanga.es
Web de Pitanga Café & flor, en Cangas
A mesma web de Pitanga no móbil
02

Reservas en liña

Os teus clientes reservan desde a túa web, sen Booksy nin Fresha nin comisións por reserva. Incluídas no plan Negocio: así reserva Falcón Barber. Queres ademais unha app instalable no móbil? Orzamentase á parte.

Reservas en liña
03

CRM, paneis e software a medida

O software que o teu negocio necesite: socios, clientes, axenda e informes en base de datos propia, e cobros co TPV do teu banco, sen plataformas polo medio. Os carnés dos máis de 400 socios do Cruceiro, aquí.

O caso do Cruceiro
secretaria.cruceirodohio.gal
Que inclúe a cota

Ti, ao teu negocio. A web é cousa nosa.

Unha cota ao mes e esquécete: sen unha factura do hosting por un lado, outra do dominio por outro e outra por manter a web ao día.

  • 01Deseño a medidaFeito para o teu negocio, non unha plantilla. Perfecto no móbil.
  • 02Hosting, dominio e SSLTodo dentro da cota, sen facturas soltas.
  • 03SEO localPreparada para saír nas buscas do teu concello.
  • 04Seguridade e copiasActualizacións e copias automáticas, sen que teñas que lembralo.
  • 05Cambios e soporteTextos, fotos ou horarios: pídelos por WhatsApp. 2 cambios ao mes en Presencia e 4 en Negocio.
  • 06WhatsApp directoUn botón para que o cliente che escriba desde calquera páxina.
O dominio é teu

Sempre ao teu nome. Se un día te vas, transferímosche o dominio en 10 días laborables.

Nada se publica sen o teu visto e prace

Traballamos sobre maqueta ata que a web che encaixa.

Sen permanencia, se o prefires

Con pagamento inicial (200 € en Presencia ou 300 € en Negocio, IVE incluído) avisas cando queiras e a baixa é efectiva a fin de mes.

Está por escrito nas nosas condicións do servizo, non só aquí.

Prezos

Unha cota. Todo dentro.

Web, hosting, dominio, SEO local e mantemento. IVE á parte. Con pagamento inicial ou sen el, ti escolles.

Sen pagamento inicial 0 € para comezar, 12 meses de compromiso e despois mes a mes.

Con pagamento inicial 200 € en Presencia ou 300 € en Negocio, unha soa vez, IVE incluído, e sen permanencia.

Como traballamos

Da idea a publicada, en catro pasos.

  1. 1FalamosUnha reunión para entender o negocio e recoller fotos, textos e datos.
  2. 2DeseñoEnsinámosche a web antes de publicala e axustámola ata que che encaixa.
  3. 3SEO desde o día 1As buscas da túa zona, a túa ficha de Google e todo o que Google necesita para entenderte.
  4. 4LanzamentoPublicación, revisión en directo e seguimento dos primeiros 30 días.

De dúas a catro semanas cos contidos en man.

5,0★★★★★9 recensións en Google →

«Excelente servizo! Destacan pola súa profesionalidade, proximidade e por entender á perfección o que necesita cada negocio. O deseño das páxinas web é moderno, intuitivo e coidan ata o máis mínimo detalle. Totalmente recomendable»

Alexandra Cabanelas Martinez · Local Guide
  • «Captaron toda a idea e a esencia da miña tenda, e creáronme un perfil doado de manexar para actualizar a miña páxina cando queira.»

    Pitanga Café & flor · Cangas
  • «Ben, dá gusto ver novas xeracións que saben o que fan. Serios e rápidos. Grazas!!»

    Julia Cruces
  • «Axudáronme moito co tema de montar a web a un prezo bastante razoable, máis barato que noutros sitios e con rapidez. A verdade, moi contento co resultado. Grazas Marcos!!»

    Zeskash · Local Guide
  • «A verdade é que quedei moi contenta co trato e o servizo. É xente moi profesional pero á vez moi achegada. Recomendoos ao 100%»

    Antia

Non o creas: compróbao. Estas webs están publicadas e funcionando agora mesmo. Atenden Marcos e Adriano, quen as fixeron.

Cobertura

Clientes de aquí, no mapa.

A provincia de Pontevedra en persoa; o resto de Galicia e de España en remoto.

Todos os concellos
Clientes Zona presencial Remoto
Dúbidas

O que máis nos preguntan.

Máis preguntas
Que pago exactamente cada mes?

39 € (Presencia) ou 69 € (Negocio), máis IVE. Dentro van a web, o hosting, o dominio, o SEO local e o mantemento. Sen sorpresas a final de mes.

Xa teño web. Sérveme de algo?

Revisámosla gratis e dicímosche que a frea en Google. Déixanos o enderezo aquí mesmo.

A túa web non sae en Google?

Revisámosla gratis e dicímosche que a frea. Sen rexistros nin PDF automático: contámosocho nós.

Ábrese WhatsApp coa túa web xa escrita e gardamos ese enderezo para preparar a análise. Política de privacidade.

Falamosda túa web?

Contestámosche Marcos ou Adriano, non un formulario. En menos de 24 horas.

Escríbenos por WhatsApp ou chama ao 643 986 880