Manuel, de Manubarber, na súa barbería de Cangas
Caso · Reservas propias ← Volver ao portfolio

Unha barbería de Cangas coas súas reservas propias

Manuel abriu en Cangas en agosto de 2026 co seu propio sistema de reservas en marcha, fóra de Booksy: axenda, servizos, histórico de clientes e informes de facturación nun panel seu. Os clientes son seus e a axenda tamén.

Ver elmanubarber.es →
Cliente
Manubarber
Sector
Barbería
Lugar
Rúa de Méndez Núñez, 27 · Cangas
Sistema
Web + reservas + panel
En marcha desde
Agosto de 2026
01  O punto de partida

Reservar nunha
axenda que non é túa

As barberías reservan desde plataformas de terceiros. Funcionan, pero a axenda, a ficha do cliente e a lista de servizos viven na casa doutro: cota mensual, un extra por cada barbeiro e, enriba, unha porcentaxe de cada cliente novo que chega pola plataforma. Manuel quería o mesmo servizo na súa propia web.

O que se buscaba Reservar sen saír da súa webA súa axenda e os seus servizos, cos seus horariosO histórico de clientes na súa propia base de datosSaber o facturado sen botar contas a manDeixar de pagar cota, extra por barbeiro e porcentaxe por clienteAbrir en Cangas coas reservas xa funcionando o primeiro día
02  O que se construíu

Web, reservas e
panel de barbería

Web feita a man e, detrás, un sistema de reservas propio co seu panel: axenda do día, servizos e duracións, ficha e histórico de cada cliente e informes de facturación. A reserva faise sen saír da home e a confirmación chega ao momento. O panel instálase no móbil como unha app e avisa de cada cita nova.

Que se entregou Reservas online propias, dentro da súa webAxenda e servizos configurables por elHistórico de clientes en base de datos propiaInformes de facturaciónConfirmación ao instante: correo ao cliente, correo e aviso ao móbil da barberíaPanel instalable como app, con notificacións, sen pasar polas tendasPreparado para varios barbeiros, cun usuario para cada unSEO local para as buscas de Cangas
03  Próbao ti

A app, por dentro

Así reserva un cliente desde o móbil: escolle servizo, ve os ocos reais da axenda e confirma. Do outro lado, a reserva entra no panel da barbería.

Servizos coa súa duración e o seu prezoOcos segundo a axenda, sen solaparseConfirmación ao momento, sen chamadas

Datos de demostración. A axenda de verdade lévaa a barbería cos seus propios usuarios.

04  Como está medida

Abre antes de
que soltes o móbil

Quen busca barbería faino de pé, cunha barra de cobertura. Se a reserva tarda, vai á seguinte. Estas son as medidas de elmanubarber.es en móbil, coa web e o sistema de reservas xa en produción.

Como se constrúen as webs →
0,28s LCP · carga visual
0,02 CLS · estabilidade
0,17s TTFB · resposta
100 SEO
100 Accesibilidade
100 Boas prácticas

Lighthouse en móbil sobre elmanubarber.es. Medida de laboratorio: a web é recente e aínda non ten datos de campo de usuarios reais.

Corte con debuxo feito en Manubarber, en Cangas
Traballo de barbería rematado en Manubarber, en Cangas
Interior da barbería Manubarber, en Cangas

Manubarber · Rúa de Méndez Núñez, 27 · Cangas
1.º premio Fast Fade · Vigo Barber Battle