Preguntas frecuentes, o que se pregunta antes de comezar
Se falta a túa, escríbeme por WhatsApp e contéstote eu en menos de 24 horas.
Preguntas frecuentes
Outra dúbida? Escríbeme →Canto tempo tardades en facer a web?
Entre dúas e catro semanas desde que teño os contidos. Os sistemas planifícanse á parte.
E se non me gusta o deseño?
Trabállase sobre maqueta e non se publica nada ata que o aprobas.
Que pasa se cancelo a mensualidade?
Depende de como entres. Sen pago inicial o compromiso é de 12 meses, porque poño o desenvolvemento por diante; pasado o ano, mes a mes. Con pago inicial (200 € en Presencia ou 300 € en Negocio, IVE incluído) non hai permanencia: avisas e péchase a fin de mes.
Necesito saber informática?
Non. O panel entrégase explicado e con formación incluída.
Facedes SEO para que me atopen en Google?
SEO local incluído nos dous plans. Pitanga apareceu na primeira páxina un mes despois de publicar, con dominio novo e sen historial previo.
Que diferenza hai entre os plans?
Presencia é a web que te atopa: ata oito páxinas, móbil, Google e WhatsApp directo. Negocio engade reservas ou citas online, carta ou menú con QR, Google Maps optimizado e informe mensual.
Traballades fóra de Galicia?
Sede en Moaña, con toda a provincia de Pontevedra en persoa e o resto de Galicia en remoto.
necesita o teu negocio
Sen chamadas comerciais nin PDF automáticos: contéstote eu. Unha mensaxe e dígoche se che vale un plan ou se o teu pide un sistema á parte.