Sen historial. En primeira páxina nun mes.
Floraría e cafetaría. Dominio novo, sen SEO previo, sen historial en Google. Un mes despois de publicar xa estaba na primeira páxina, e a web actualízase desde o seu propio panel.
Todos estes proxectos están en produción e pódelos visitar agora mesmo. Dous teñen ficha completa cos datos e o proceso; o resto ensínase en vivo.
Floraría e cafetaría. Dominio novo, sen SEO previo, sen historial en Google. Un mes despois de publicar xa estaba na primeira páxina, e a web actualízase desde o seu propio panel.
Club amateur de 400+ socios. Altas e renovacións, xeración de carnés, cobro por TPV virtual ou Stripe e calendario de liga sincronizado coa federación. A directiva lévao desde un panel multiusuario.
Manubarber · Cangas Barbería con reservas propias: axenda, servizos, histórico de clientes e informes de facturación. Os seus clientes son seus.
Grupo Rotuestudio · Moaña Rotulación e sinalética. Dezaseis páxinas con galería de proxectos que eles mesmos soben e ordenan, con editor de imaxes incluído.
Catro décadas de masa A Cociña de Lumai · Salvaterra de Miño Obradoiro de masas artesás. Web en desenvolvemento, xa navegable no subdominio de probas.
«Mi experiencia fue muy positiva. Además de captar toda la idea y esencia de mi tienda, aún me crearon un perfil de administrador fácil de manejar y siempre puedo actualizar mi página.» Pitanga Café & flor · CangasVer todas as opinións →