Tres pasos, sen rexistrarse. A cita aparece ao momento no panel do barbeiro.
Así o leva Falcón Barber desde o móbil.
É o panel de verdade. Tócao coma se fose o teu móbil, ou segue estes catro pasos:
O que cobran os demais.
A túa app fronte a Booksy, Treatwell e Fresha: o que levan de cada cliente e a permanencia.
| A túa appcoma Falcón Barber | Booksybooksy.com | Treatwelltreatwell.es | Freshafresha.com | |
|---|---|---|---|---|
| Comisión | A túa app0 %por reserva |
Booksy30 %da primeira visita de cada cliente novo que chega por Booksy Boost, o seu escaparate (máx. 50 € + IVE) | Treatwell25 %de cada cliente novo que chega por Treatwell (0 % nos que repiten) | Fresha20 %de cada cliente novo que chega por Fresha (mínimo 6 US$ por cliente) |
| Permanencia | — | BooksyNon | Treatwell12 mesesde contrato mínimo | FreshaNon |
| A app co teu nome en Google Play e App Store Quero a miña app → | Prezos publicados en booksy.com, treatwell.es e fresha.com, consultados o 4-nov-2026. Poden cambiar. | |||
O que preguntan os barbeiros.
¿Outra dúbida? Respondémosche en menos de 24 horas.
Preguntar por WhatsApp →¿Cobrádesme algo por cada reserva?+
Non. 0 % de comisión por reserva: pagas 49 €/mes, IVE incluído.
¿A app sae co nome da miña barbaría?+
Si. É a túa app, co teu nome, en Google Play e App Store. Coma a de Falcón Barber.
¿E se o cliente esquece a cita?+
Ao reservar, chégalle un correo de confirmación. Despois, un recordatorio o día antes e outro unha hora antes.
¿A app pide recensións en Google?+
Si. Despois do corte, pídelle ao cliente unha recensión en Google.
¿Podo apuntar as citas que me piden por teléfono?+
Si. Desde o panel, no móbil: servizo, hora e cliente. Próbao máis arriba.
¿Teño que saber informática?+
Non. O panel entrégase explicado e coa formación incluída.
¿Canto tarda?+
A web, dunha a dúas semanas desde que temos os contidos. A app nas tendas depende da revisión de Google e Apple; dámosche data ao comezar.
¿Traballades fóra de Pontevedra?+
Si: a provincia en persoa; o resto de Galicia e de España, en remoto.





