Ir ao contido
Ponte Dixital
WhatsApp →

Web para clubs deportivos con xestión de socios

Os teus socios, desde o móbil. Sen papel.

A web do teu club con alta e pagamento de socio, carnés e tenda, e un panel para que a directiva o leve todo desde un só sitio. A web, desde 39 €/mes + IVE.

Xa a usa o FC Cruceiro do Hío, en Cangas: máis de 400 socios.
A web do FC Cruceiro do Hío en tres móbiles: portada, alta de socio e tenda do club
01Alta e pagamento de socio desde o móbil
02Carnés e renovacións desde o panel
03Cotas por transferencia, tarxeta ou Bizum
04O próximo partido actualízase só
Así funciona

O socio apúntase desde o móbil; a directiva veo ao momento.

A web do Cruceiro no móbil
Portada da web do FC Cruceiro do Hío no móbil, co botón para facerse socio e o próximo partido
Despraza dentro do móbil.
Para o socio

Faise socio en dous minutos

  • Enche a alta desde o móbil, sen ir á sede nin esperar por ninguén.
  • Paga a cota por transferencia, con tarxeta ou por Bizum.
  • Recibe o seu carné de socio.
  • Merca a camiseta do club na tenda da web.
Para a directiva

Todo nun panel, no ordenador ou no móbil

  • Altas e renovacións de cada tempada, con quen pagou e quen non.
  • Carnés por facer e carnés feitos.
  • Cobros rexistrados, cheguen pola web, por transferencia ou por Bizum.
  • Pedidos da tenda.
E a web actualízase soa

O próximo partido, na web sen que ninguén o escriba

Xornada, rival, hora e campo, con conta atrás e botón para chegar. Tamén os partidos do xuvenil e dos veteranos. Ninguén do club ten que lembrarse de cambialo o luns.

Así sae na web do Cruceiro →
Próbao · Panel do club
Datos de exemplo

Así leva a directiva do Cruceiro os seus máis de 400 socios.

É o mesmo panel que usa o club, con datos inventados para que o toques sen medo. Entra nos socios, mira quen ten o carné pendente e repasa os últimos cobros.

  • Altas e renovacións de socios
  • Carnés
  • Cobros por transferencia, tarxeta ou Bizum
  • Pedidos da tenda
Proba o panel ↗
Panel do FC Cruceiro do Hío no ordenador e no móbil, con datos de exemplo
O panel do club no ordenador e no móbil.
Prezo

Canto custa a web dun club.

A web do club vai nos mesmos plans ca calquera negocio, cunha cota mensual e todo dentro. O panel de socios e cobros vai á parte, cun orzamento pechado e por escrito.

Presenza 39 €/mes + IVE

A web do club de ata 12 páxinas: quen sodes, os equipos, o campo e como chegar, e o botón de WhatsApp.

Máis popular
Negocio 69 €/mes + IVE

Ata 30 páxinas, con sitio para cada equipo e cada categoría, a ficha de Google ao día e cada mes contámosche canta xente vos atopou.

Panel de socios e cobros Á medida, con orzamento pechado

Alta e pagamento de socio desde o móbil, renovacións, carnés, cobros e tenda, feitos para como traballa o teu club. Dicímosche o prezo por escrito antes de empezar, á parte da cota da web.

0 €para empezar. A primeira cota págase cando a web está publicada.
6 mesesde compromiso desde que se publica. Despois, mes a mes.
Todo dentroAloxamento, dominio, cambios e asistencia por WhatsApp. Ver os plans completos →
Preguntas

O que pregunta a directiva dun club.

¿Outra dúbida? Respondémosche en menos de 24 horas.

Preguntar por WhatsApp →
¿Canto custa a web dun club?+

A web vai nos plans de sempre: 39 €/mes + IVE con ata 12 páxinas, ou 69 €/mes + IVE con ata 30. Empezades con 0 € e a primeira cota págase cando a web está publicada.

¿O panel de socios vai dentro da cota?+

Non. O panel de socios e cobros faise á medida para cada club e leva un orzamento pechado á parte, por escrito, antes de empezar. Dicímosvos que entra e que non.

¿Os socios de toda a vida poden seguir pagando coma sempre?+

Si. Ninguén está obrigado a pagar desde a web: a cota pode chegar por transferencia ou por Bizum, a directiva rexístraa no panel e o socio queda ao día, co seu carné, coma calquera outro.

¿Vale para varios equipos e categorías?+

Si. O FC Cruceiro do Hío ten tres equipos e 76 xogadores, e a súa web amosa os partidos do primeiro equipo, do xuvenil e dos veteranos. Se o teu club ten máis categorías, engádense.

¿Quen leva o panel no club?+

Quen decida a directiva, sen saber de informática: entrégase explicado e coa formación incluída, e úsase desde o ordenador ou desde o móbil. Para calquera dúbida tedes o WhatsApp, que vai dentro da cota.

¿Chega para o comezo da tempada?+

A web está nunha ou dúas semanas desde que temos os textos e as fotos. O panel de socios planifícase á parte e dámosvos data ao empezar, así que canto antes falemos, mellor.

¿A web do club pode estar en galego?+

Si. A do FC Cruceiro do Hío está en galego, do primeiro botón ao último.

¿E se o club non está en Pontevedra?+

Imos en persoa por toda a provincia de Pontevedra; ao resto de Galicia e de España, en remoto, coas mesmas condicións.

Caso · Club de fútbol · Hío, Cangas

O club de Hío que deixou o papel.

O FC Cruceiro do Hío levaba os socios en papel e cobraba as cotas unha a unha. Hoxe os seus socios danse de alta e pagan desde o móbil, e a directiva veo todo no seu panel.

  • +400socios
  • 76xogadores en tres equipos
  • 48anos de historia
★★★★★
«Desde FC Cruceiro do Hío estamos encantados con la página web que Ponte Dixital diseñó para nosotros. Es súper útil, especialmente para la tienda online y la gestión de socios, además del panel de administración personalizado que nos facilita mucho el día a día. Excelente y profesional servicio. ¡Altamente recomendable!»
FC Cruceiro do HíoRecensión en Google