Cangas do Morrazo mira a Vigo desde o outro lado da ría.
Aquí hai hostalaría, tendas, servizos e negocios de toda a vida que precisan algo máis ca un perfil en redes: unha web rápida, que se lea ben no móbil e que consiga que te escollan a ti antes ca a outro.
O concello supera os 25.000 habitantes e é un dos que máis hostalaría e turismo ten no Morrazo. O barco une o seu porto con Vigo todos os días, e quen chega ou marcha mira o móbil para decidir onde comer, onde mercar ou a quen chamar. Aquí xa traballan connosco o FC Cruceiro do Hío, que leva socios e tenda desde a súa web cun panel para a directiva; Falcón Barber, que ten reservas propias fóra de Booksy, e Pitanga Café & Flor, que saíu na primeira páxina de Google ao buscar o seu nome no seu primeiro mes.
- Máis de 25.000 habitantes
- Son os veciños de todo o ano, e no verán hai bastantes máis, cando chega o turismo.
- Barco a Vigo
- Une o porto de Cangas do Morrazo coa cidade todos os días, con xente que vai e vén mirando o móbil.
- Tres clientes aquí
- O FC Cruceiro do Hío, Falcón Barber e Pitanga Café & Flor xa teñen a súa web feita por nós.
-
Bares e restaurantes
Moita xente decide onde comer co móbil na man, así que a túa carta ten que estar aí. Co plan Negocio consúltana cun QR, comproban o horario e reservan mesa na túa web sen chamar.
Reservas en liña → -
Barbarías e perrucarías
Se hoxe pagas comisión por cada cita que che entra, montámosche as reservas na túa propia web para que deixes de pagala. E se é unha barbaría, podes ter unha app co teu nome, coma a de Falcón Barber.
App para barbarías → -
Clubs e asociacións
Fixémolo co FC Cruceiro do Hío: os socios danse de alta e pagan desde o móbil, mentres a directiva o leva todo desde o seu panel sen perseguir a ninguén con papeis.
Paneis e cobros →
Negocios de Cangas do Morrazo e de Moaña que xa traballan connosco.
Tres son de Cangas do Morrazo: o FC Cruceiro do Hío, Falcón Barber e Pitanga. O cuarto é de Moaña, onde estamos nós.
O que custa a túa web en Cangas do Morrazo.
Unha cota ao mes con todo dentro, e 0 € para comezar.
Sen pagamento inicial. Comprométeste 6 meses e despois segues mes a mes: dáste de baixa cando queiras. ¿Prefires comezar sen compromiso? Escríbenos e falámolo.
- Deseño á medida
- Aloxamento da web
- Dominio e cadeado de seguranza
- Saír en Google na túa zona
- Asistencia por WhatsApp
Da primeira conversa en Cangas do Morrazo á túa web publicada.
- 01Vémonos no teu negociono teu local de Cangas do Morrazo: estamos ao lado
- 02Orzamento pechadodámoscho por escrito antes de comezar, para que ao final non haxa sorpresas
- 03Revísala antes de publicarnunha ou dúas semanas desde que temos o contido, e non se publica ata que digas que si
- 04Seguimos por WhatsApppara cambios, dúbidas e videochamadas, e ensinámosche o panel para que o leves ti se queres
Antes de escribirnos desde Cangas do Morrazo.
A túa dúbida non está aquí? Escríbenos por WhatsApp e respóndeche Marcos.
¿Achegádesvos a Cangas do Morrazo para falar?+
Si. Tres dos nosos clientes son de aquí e desde Moaña estamos ao lado, así que a primeira conversa pode ser no teu local, sen présas. O día a día, despois, vai por WhatsApp.
¿Podo ver as webs que fixestes en Cangas do Morrazo?+
Si: a do FC Cruceiro do Hío, a de Falcón Barber e a de Pitanga Café & Flor están publicadas, e arriba tes as súas fichas. Se queres, ensinámosche tamén como se levan por dentro.
¿E se teño unha empresa de actividades náuticas ou de mergullo?+
Tamén. Facémosche unha web con cada actividade, as súas fotos, os seus prezos e un botón directo de WhatsApp, e se precisas reservas con calendario, van dentro do plan Negocio. Escribímola para que te atope quen busca plans no mar no Morrazo.
¿Podo aproveitar a xente que colle o barco a Vigo?+
Se o teu negocio está preto do porto, si. A web pode traballar para quen busca no móbil un sitio onde comer ou mercar antes de embarcar, pero para iso teñen que estar claros o teu horario, onde estás e a túa ficha de Google.
¿Canto custa ter a web do meu negocio en Cangas do Morrazo?+
Hai dous plans: Presenza, a 39 €/mes + IVE, e Negocio, a 69 €/mes + IVE, que engade reservas, carta con QR e a ficha de Google Maps posta a punto. Se tes barbaría, a app propia vai á parte, a 49 €/mes co IVE incluído e sen comisión por reserva.
¿Canto tarda?+
Entre unha e dúas semanas desde que temos os teus textos e as túas fotos. Se ademais queres un panel ou unha app, iso planifícase á parte e dámosche data ao comezar.
¿E se xa teño web?+
Facémosche unha análise gratuíta, dicímosche que falla e que cambiariamos, e despois decides ti, sen ningún compromiso.



