Ir ao contido
Ponte Dixital
WhatsApp →

Deseño web en Moaña

A túa web en Moaña,
feita aquí ao lado.

Traballamos desde Moaña: facémosche a web, ensinámosche a levala e seguimos á man por WhatsApp. A primeira conversa, no teu negocio.

Moaña, de preto

Mar, talleres e comercio de sempre: o que move Moaña.

En Moaña hai sobre todo negocios familiares, autónomos e pequenas empresas que viven do boca a boca. Iso segue a funcionar, pero hoxe, antes de chamar, a xente mira o móbil para comprobar quen es e se estás aberto.

No concello xa traballan connosco Grupo Rotuestudio, que sobe os seus traballos de rotulación desde o seu propio panel, e Sara de Matos, avogada, coa web do seu despacho. O que mellor funciona aquí é o sinxelo e ben feito, porque quen te busca só quere saber tres cousas: que fas, en que parte de Moaña estás e como escribirche. Cando iso queda claro desde a primeira pantalla, a chamada é para ti e non para o do lado.

Desde Moaña
Estamos no mesmo concello ca o teu negocio, así que quedar en persoa é cousa dun paseo.
Dous clientes na vila
Grupo Rotuestudio, de rotulación e impresión, e o despacho da avogada Sara de Matos xa teñen a súa web connosco.
Menos de 24 horas
É o que tardamos en responderche cando nos escribes, tanto por WhatsApp coma por correo.
O que adoita pedir un negocio de Moaña
  • Empresas do mar

    Se tes un taller, un estaleiro ou abasteces o porto, o teu cliente quere ver que fas e para quen. Por iso a túa web amosa os teus traballos con fotos reais e permite pedirche orzamento nun momento.

    Deseño web á medida →
  • Bares, cafés e tendas

    Cando alguén te busca desde o móbil quere ver o horario, onde estás e o teu WhatsApp sen dar voltas. E se queres ir máis alá, a carta con QR e as reservas van na túa propia web.

    Reservas en liña →
  • Despachos e autónomos

    Cando alguén busca un xestor ou un avogado en Moaña, a túa web ten que aparecer e dar confianza desde a primeira liña. De que saia ben en Google e no mapa ocupámonos nós.

    Como saír en Google →
Traballos aquí preto

Negocios de Moaña e de Cangas do Morrazo que xa traballan connosco.

Estamos en Moaña, coma Grupo Rotuestudio e Sara de Matos. Os outros dous, aquí ao lado, en Cangas do Morrazo.

Rotulación · MoañaGrupo Rotuestudio29 traballos que soben eles desde o seu panelVer a web ↗A web de Grupo Rotuestudio en tres móbiles Avogada · MoañaSara de Matos32 páxinas, en galego e en castelánVer a web ↗A web de Sara de Matos en tres móbiles Club de fútbol · Hío, CangasFC Cruceiro do HíoMáis de 400 socios. Alta e pagamento desde o móbilVer o caso →A web do FC Cruceiro do Hío en tres móbiles Barbaría · CangasFalcón BarberApp propia, 0 € de comisión por reservaVer o caso →A web e a app de Falcón Barber en tres móbiles
Prezos

O que custa a túa web en Moaña.

Unha cota ao mes con todo dentro, e 0 € para comezar.

Presenza
39€/mes + IVE
0 € para comezar · 6 meses de compromiso
  • ✓Deseño á medida, non cun modelo
  • ✓Web de ata 12 páxinas, adaptada ao móbil
  • ✓Aloxamento, dominio e cadeado de seguranza
  • ✓Aparición en Google na túa zona
  • ✓Botón directo de WhatsApp
  • ✓Cambios e asistencia por WhatsApp
  • ✓Formación incluída
  • ✓Lista en 1–2 semanas, cos teus contidos
Comezar con Presenza
NegocioMáis popular
69€/mes + IVE
0 € para comezar · 6 meses de compromiso
  • ✓Todo o de Presenza
  • ✓Ata 30 páxinas
  • ✓Reservas ou citas en liña
  • ✓Carta ou menú con QR
  • ✓Google Maps optimizado
  • ✓Informe mensual
  • ✓Asistencia prioritaria
Comezar con Negocio →

Sen pagamento inicial. Comprométeste 6 meses e despois segues mes a mes: dáste de baixa cando queiras. ¿Prefires comezar sen compromiso? Escríbenos e falámolo.

Incluído nos dous plans
  • Deseño á medida
  • Aloxamento da web
  • Dominio e cadeado de seguranza
  • Saír en Google na túa zona
  • Asistencia por WhatsApp
Ver que inclúe cada plan →
Como traballamos

Da primeira conversa en Moaña á túa web publicada.

  1. 01Vémonos no teu negocioaquí mesmo, en Moaña
  2. 02Orzamento pechadodámoscho por escrito antes de comezar, para que ao final non haxa sorpresas
  3. 03Revísala antes de publicarnunha ou dúas semanas desde que temos o contido, e non se publica ata que digas que si
  4. 04Seguimos por WhatsApppara cambios, dúbidas e videochamadas, e ensinámosche o panel para que o leves ti se queres
Preguntas

Antes de escribirnos desde Moaña.

A túa dúbida non está aquí? Escríbenos por WhatsApp e respóndeche Marcos.

¿Vémonos en persoa en Moaña?+

Claro. Traballamos desde Moaña, así que quedar é doado: no teu negocio ou onde prefiras dentro do concello. Se che vén mellor, tamén o falamos por WhatsApp ou por videochamada.

¿Que negocios de Moaña teñen xa a súa web convosco?+

Dous: Grupo Rotuestudio, que ten web e un panel para subir eles mesmos os seus traballos, e a avogada Sara de Matos, coa súa web de despacho en galego e en castelán. As dúas están publicadas e podes velas cando queiras.

¿Canto custa unha web para un negocio de Moaña?+

Presenza custa 39 €/mes + IVE e Negocio, 69 €/mes + IVE. Dentro van o dominio, o aloxamento da web, os cambios e a asistencia por WhatsApp. Para comezar non pagas nada, con 6 meses de compromiso, e despois segues mes a mes.

¿Axudádesme tamén coa ficha de Google do meu negocio en Moaña?+

Si. Saír ben en Google cando alguén busca na túa zona vai dentro dos dous plans. Con Negocio, ademais, deixamos a punto a túa ficha de Google Maps, a que aparece no mapa, para que Google saiba que fas e en que parte de Moaña estás.

¿E se polo de agora só teño Instagram ou Facebook?+

As redes axudan, pero non son túas e Google case non as amosa cando alguén busca un servizo en Moaña. A web si é túa. O normal é ter as dúas cousas: a web co horario e o contacto, e as redes para o día a día.

¿Canto tarda?+

Entre unha e dúas semanas desde que temos os teus textos e as túas fotos. Se ademais queres un panel ou unha app, iso planifícase á parte e dámosche data ao comezar.

¿E se xa teño web?+

Facémosche unha análise gratuíta, dicímosche que falla e que cambiariamos, e despois decides ti, sen ningún compromiso.